Este martes en rolda de prensa en Santiago declarei que estimamos que o Goberno de Zapatero pode quedar debéndolle a Galicia 1.300 millóns de euros dos Presupostos Xerais do Estado asignados a esta Comunidade para o presente ano.
Segundo os datos que manexa o PPdeG, Galicia está a uns niveis de execución presupostaria que non chegan ao 30%. Polo tanto, é máis que probable que non se peche o 2009 cunha execución superior ao 40%. Isto significaría que dos 2.150 millóns que Zapatero presupostou fai un ano, 1.300 millóns quedarían sen investir, seis de cada diez euros.
A eses 1.300 millóns de euros habería que sumarlles os máis de 2.500 millóns que o Goberno central deixou sen gastar desde que Zapatero é presidente do Goberno.
Así mesmo, engadín que a comunidade galega é maltratada polo Goberno en relación a outras autonomías posto que a licitación de obra por parte de Zapatero en Galicia é 13,71 puntos inferior á do conxunto do Estado. Ademais, o Executivo central licita en Galicia menos este ano que no 2008, cando se aprobou un 61% máis de gasto.
Afirmei que, se fai uns días pediamos que o presuposto de Galicia non fose inferior en 2010 un só euro respecto a 2009, hoxe, non só esixen que Madrid asigne fondos a Galicia, senón tamén que os gaste.