domingo, 27 de septiembre de 2009

En Silleda, homenaxeados os militantes e simpatizantes do PPdeG.




Este sábado nun ateigado recinto feiral de Silleda, e baixo un sol de xustiza, xuntámonos máis de 15.000 simpatizantes populares procedentes de todas as terrras de Galicia.

No mitin, ademais dos catro presidentes provinciais e do secretario xeral, interviron os dous presidentes, o nacional e o galego do PP.

Comezou Alberto Núñez Feijóo dicindo que os militantes e simpatizantes do PPdeG, son o núcleo onde reside o verdadeiro poder, agradecendo a todos o seu esfrozo que serviu para vencer á historia e ás estatísticas políticas para recuperar, voto a voto, a maioría absoluta en Galicia só tres anos e medio despois de perdela.

Tamén afirmou con rotundidade non estar disposto a que os galegos paguemos os erros económicos de Zapatero, e que Galicia non pode recibir tres castigos de Madrid facendo así referencia á xestión do goberno de Zapatero do modelo de financiamento económico, á suba de impostos e á devolución duns cartos investidos polos socialistas en que lle quedara ben o programa electoral e que ao final non executaron. Estaba a falar dos 1.900 millóns de euros que se reclaman a nosa Comunidade, e dos 2.500 millóns non executados na pasada lexislatura.

Tamén o noso presidente, pediunos estar activos cara ao gran reto das municipais de 2011, e que sigamos facendo de voceiros do partido a pé de rúa e dicindo con orgullo "eu son do PP’.

Rajoy despois de afirmar que os éxitos da nova Xunta son tamén do PP de toda España e de ensalzar a Feijóo como un gran presidente, centrou boa parte das suas mensaxes nos Presupostos Xerais do Estado para 2010, aprobados onte mesmo no Consello de Ministros, afirmando que traerán mais paro, mais déficit e más impostos, e criticando que Zapatero demande solidariedade cos erros do Goberno, que o final pagan os cidadáns con rentas medias e baixas.

Rematado o mitin houbo unha comida multitudinaria - na que por certo todos pagamos o cuberto - nun ambiente de ledicia. Sen dúbida un grán éxito.