Este domingo fixen un comunicado ós medios no que afirmo que os Presupuestos Generales del Estado (PGE) representarán o partido de volta para a nosa comunidade tras o fiasco do financiamento autonómico e está claro que a comunidade galega xa sufriu a predilección do presidente do Goberno estatal por algunhas comunidades no reparto de fondos adicionais no financiamento autonómico. Outro golpe á nosa comunidade confirmaría unha manía persecutoria a Galicia por parte dun Goberno socialista no que curiosamente abondan os ministros galegos. Estos, por certo, semellan estar empeñados en vivir de costas á realidade da súa terra e da súa xente.
En clave económica, o ano 2009 tivo dúas noticias moi malas, pero tamén unha boa.
As malas poden resumirse en dúas: os galegos vense na obriga de pagar agora máis impostos que fai un ano, e aínda hai máis subas por chegar; e a segunda, que estamos a padecer e padeceremos os apaños do Goberno central coas comunidades ricas na negociación do novo modelo de financiamento autonómico. A estas dúas non se pode sumar agora a terceira, unha rebaixa nas partidas asignadas a Galicia nos PGE de 2010.
A boa foi a victoria de Alberto Núñez Feijóo o pasado 1 de marzo que, en clave económica, supuxo que os galegos deixasen de gastar en coches de luxo para comezar a gastar, en carreteras; que se pagasen soldos a médicos e non a altos cargos. Foi unha victoria, pois, que nos aforrou moitos cartos de forma neta.
Por iso fixen referencia a que os populares galegos non nos cansaremos de alzar a voz para reclamar xustiza e dicirlle a Madrid que Galicia non pode perder nin un só euro cos PGE, pois cada un dos que recibamos é preciso para que podamos seguir avanzando e modernizando, polo que o mínimo que aceptaríamos sería recibir os 2.150 millóns de euros consignados nos presupostos do presente exercicio e que se asegure a completa execución orzamentaria.
As contas de Zapatero non poden supor unha vez máis un aumento das diferenzas entre comunidades, polo que estas deberían estar centradas en reducilas. Para iso é fundamental priorizar o gasto nas comunidades que máis o precisan e, ademais, aparcar as necesidades que o actual Goberno ten no Congreso, para poñer por bandeira da súa política definitivamente as necesidades dos españois máis que a permanencia no poder caia quen caia. Os populares lamentan que Zapatero faga só política de supervivencia
Espero que esta vez a precaria situación de Zapatero no Congreso non prime máis á hora de elaborar as contas publicas que as necesidades dos galegos, agora que a situación económica non está da súa parte. Galicia leva sufridos cinco anos de desprezo socialista, aínda cando aquí houbo boa parte deste tempo un Goberno teóricamente “amigo”. Agardo que agora que en Galicia goberna o PPdeG o castigo non sexa incrementado.