miércoles, 4 de noviembre de 2009

“Alerta”: 23.457 ourensans parados en outubro


-->
Terminamos de coñecer os datos do paro rexistrado correspondentes ó mes de outubro de 2009.

O paro rexistrado incrementouse na provincia de Ourense, en valores absolutos, en 1.372 persoas. Esto supón en valores porcentuais un aumento do 6,41 % con respecto ao mes anterior. Unha cifra superior en 2,2 puntos a media de Galicia.

Ourense acada os 23.457 parados fronte os 22.085 do mes de setembro e os 20.295 do mesmo mes do ano anterior.

Por comarcas o paro repártese do seguinte modo: Ourense 10.666, Verin 2.654, Valdeorras 2.043, O Carballiño 1.974, A Limia 1.571, Terras de Celanova 1.350, O Ribeiro 1.149, Allariz-Maceda 772, Viana 474, Baixa Limia 429, Terras de Trives 236, e Terras de Caldelas 109 persoas.

Polo que se refire á afiliación á seguridade social a media de afilación en outubro de 2009 en ourense foi de 108.835 persoas, cun descenso de 876 afiliados en rerlación co mes anterior e cun descenso de 2.652 afiliados de variación media interanual.

Estos datos publicados son tremendamente preocupantes e amosan que a nosa provincia segue en recesión.