-->
Hoxe estivo de visita no Congreso, o meu amigo e compañeiro de partido Jesús Vázquez co que compartín lista nas eleccións xerais de 2008 e escano no Congreso ata o 20 de abril deste ano, data na que causou baixa por ser nomeado Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, sendo substituído por Ana Belén Vázquez.
Jesús foi un destacado parlamentario, exerceu de portavoz de Universidades do GPP e demostrou ser un traballador infatigable en defensa dos intereses de Ourense.
O seu balance no Congreso é abafador, en pouco máis dun ano formulou 1.701 iniciativas e tivo importantes e numerosas intervencións.
Ademais de por o seu traballo, Jesús é recordado no Congreso polo seu carácter extrovertido, a súa proximidade e o seu afecto cara a todos. Hoxe púideno constatar na súa visita aos edificios da carreira de San Jerónimo ao saudar a deputados, periodistas, funcionarios, ujieres, policias, etc.
Todos botámoslle de menos pero estamos contentos de verlle traballando día a día con Alberto Nuñez á fronte do sistema educativo de Galicia.