Hoxe no Congreso tivo lugar a aprobación da Lei Orgánica de Financiamento das Comunidades Autónomas (LOFCA). Ao ser unha lei orgánica era necesaria a maioría absoluta (176 votos) e o texto foi aprobado exactamente por ese número de votos fronte a 157 en contra e cinco abstencións.
Aprobouse pois pola mínima, cos mínimos votos cos que podía saír adiante e con dous respectables votos que son os que buscou o PSOE de dous partidos dunha Comunidade Foral, a de Navarra, á que non afecta o modelo de financiamento.
Hai que destacar que esta Lei que se aprobou, a diferenza da Lei que se veu a derrogar, co mínimo acordo posible, e temos que recordar que a pasada Lei que esta derroga, só tivo 11 votos en contra e esta Lei só ten un voto a favor máis dos mínimos que necesitaba.
A nova LOFCA apróbase de costas á crise e non se explica como se vai a dar máis recursos ás Comunidades Autónomas cando os ingresos caeron, non se recadan impostos e o déficit público non para de crecer.
Zapatero aprobou esta Lei marcado polas súas necesidades políticas e esqueceu as necesidades de facer unha política económica que cre emprego, dinamismo, que non suban os impostos e que garanta os servizos públicos a todos os españois.
O novo modelo de financiamento hoxe aprobado introduce restricións á solidariedade interterritorial, e non favorece a Comunidades como a de Galicia.
O aspecto máis discutible do novo modelo ten que ver co deseño do mecanismo de nivelación interterritorial, que racha co principio constitucional de igualdade no acceso dos cidadáns aos servizos públicos.
Como ten dito o actual Goberno galego, en conxunto, a reforma do modelo favorece aos territorios con maior capacidade fiscal e racha coa tradición de multilateralidade e nivelación plena que sustentaron o exitoso proceso descentralizador español. Ademais o novo sistema evita entrar a fondo na estimación dos custes de prestación dos servizos e prime o volume e o crecemento demográfico.
No novo modelo de financiamento autonómico sería imprescindible facer un estudo técnico sobre o custe de prestación de servizos, a través dun mapa de servizos, xa que os elementos diferenciais de custes, como a dispersión ou o avellantamento, están moi pouco valorados.