martes, 22 de diciembre de 2009

Aprobados uns PGE para 2010 que subirán os impostos a todos os galegos



Hoxe no Congreso, a maioría socilaista e os seus aliados, aprobou definitivamente os PGE do Estado para o 2010, uns orzamentos que no momento máis crítico da economía española restan posibilidades á creación de emprego e non dan esperanza aos 216.828 parados galegos, 36.008 máis que fai un ano.

Entendemos que son unhas contas públicas que non teñen fiabilidade algunha, afastadas de todas as previsións dos organismos nacionais e internacionais, que non inspiran confianza nin permiten recuperar o ton vital da economía galega. Son os orzamentos do malgasto público, do déficit, e da redución do investimento produtivo.

Ademais estes orzamentos impón, no momento máis crítico para as familias e as pequenas e medianas empresas, unha indiscriminada subida de impostos para todos os galegos sen facer distinción algunha en función do seu nivel de renda.

Os socialistas novamente dan as costas a Galicia e, co respaldo do BNG - que se negou a vetar as contas no Senado a cambio duns pírricos 7 millóns de euros-, aprobou hoxe definitivamente no Congreso os PGE do 2010 sen aceptar ningunha das emendas para a comunidade autónoma que o PP intentou incorporar na tramitación parlamentaria, tanto no Congreso como no Senado, que supuxesen un incremento do investimento de máis de 600 millóns de euros.


O Executivo de Zapatero consolida así uns orzamentos que supón o terceiro revés para Galicia en tres meses, xa que se aproban despois do sistema de repartición de fondos do financiamento autonómico aprobado, no que se esixe a Galicia devolver 1.900 millóns de euros que son consecuencia dunha mala política económica do Goberno, e tamén logo de imposta unha subida de impostos que suporá que cada galego teña que pagar como mínimo 600 euros anuais máis.

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2009/12/22/pp-critica-presupuestos-dan-espalda-gallegos/345334.html