Dentro de escasos días porá fin o ano 2009 e é momento de facer balance. Se tomamos o indicador principal da marcha da economía que é o do emprego veremos como os datos oficiais dos últimos doce meses foron moi negativos para a provincia de Ourense. Vexamos:
PARO REXISTRADO:
A 30 de novembro de 2009 había na provincia de Ourense: 24.558 parados rexistrados. (2.793 mais que en novembro de 2008, cando houbo 21.765)
PARO REXISTRADO:
A 30 de novembro de 2009 había na provincia de Ourense: 24.558 parados rexistrados. (2.793 mais que en novembro de 2008, cando houbo 21.765)
Distribución por sectores
823 na agricultura. (3,35 %) 194 mais que en nov.2008
3.914 na industria. (15,93 %) 361 mais que en nov.2008
3.577 na construcción (14,56 %) 455 mais que en nov.2008
13.492en los servicios. (54,93 %) 1.909 más que en nov.2008
2.752 sin empleo anterior (11,20 %) 126 menos que en nov.2008
Distribución por sexo
10.900 homes (44,39 %) 1.988 mais que en nov. 2008
13.658 mulleres (55,61. %) 805 mais que en nov. 2008
Distribución por idades.
2.546 menores de 25 anos 447 mais que en nov.2008
22.012 maiores de 25 anos 2.346 mais que en nov.2008
A 30 de novembro de 2009 había na Cidade de Ourense: 9.136 parados rexistrados. (1.321 mais que en novembro de 2008, cuando houbo 7.815)
Fonte: Servicio Público de Empleo Estatal. Ministerio de Trabajo e Inmigración.
O 10 de setembro de 2008 o Presidente do Goberno, José Luís Rodriguez Zapatero dicía na Tribuna do Congreso: “Volver a crear empleo será el mejor termómetro de la evolución de la situación… el parámetro definitivo de la idoneidad de las medidas que estamos poniendo en marcha"
Estes datos veñen expresar a inoperancia dos plans e das medidas económicas implantadas polo Goberno socialista e amosan en toda a súa crueza a auténtica realidade da situación económica da nosa provincia.
Cando se alcanzan os 24.558 parados ocorren dúas cousas. A primeira, a máis evidente e dramática, é que moitas familias ourensans sofren o drama do desemprego. Pero, ademais, un paro destas dimensións provoca consecuencias directas sobre a caída do consumo, o afundimento do investimento, o desaxuste das contas públicas e a expansión do desánimo na sociedade.
Tanto se o que nos desvela é o problema humano coma se pretendemos mellorar a situación económica, é perentorio acabar co crecemento do paro.
Para iso é imprescindible adoptar unha política económica diferente.