lunes, 7 de diciembre de 2009

No XXXI Aniversario da Constitución Española

Onte no Auditorio municipal de Ourense celebramos o trinta e un aniversario dá Constitución española. Comezou o acto coa actuación dá Big Band dá Deputación de Ourense, e despois foron entregados cincuenta e oito premios ós gañadores do concurso escolar adicado este ano ó lema “Liberdade e igualdade”. Rematou o acto coa intervención do Subdelegado do Goberno.

Moito se ten escrito estes días sobre a Constitución, eu quédome co artigo publicado onte na Voz de Galicia por D. José Luís Meilán Gil: “O equilibrio constitucional do deseño autonómico

Coincido coas súas preocupacións sobre o asedio á independencia do Tribunal Constitucional, que atenta contra o seu prestixio e integridade e sobre que o equilibrio constitucional do deseño autonómico tambaléase.

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/12/06/0003_8154278.htm