miércoles, 9 de diciembre de 2009

O Ministerio de Medio Ambiente deixou sen gastar 2 millós de € previstos para a recuperación hidrolóxica dos ríos Támega, Búbal e outras canles.


Hai poucos días que recibín unha resposta do Goberno na que o Ministerio de Medio Ambiente confirma que en 2008 deixou sen gastar case dous millóns de euros dos 2.700.000 consignados pola Confederación Hidrográfica do Douro para a provincia de Ourense.

Recordo que a C.H. do Douro controla en Ourense os ríos Támega, Búbal e outras canles menores que afectan aos termos municipais de Laza, Verín, Oimbra, Castrelo do Val, A Mezquita, Monterrei, Cualedro, Vilardevós e A Gudiña e denuncio que o diñeiro non gastado en 2008 debería ser destinado á recuperación ambiental, defensa contra inundacións e avenidas, á adecuación de canles e marxes dos ríos e á realización de repoboacións forestais puntuais con especies autóctonas en zonas deforestadas.

É lamentable o elevadísimo nivel de inexecución orzamentaria do Goberno de Zapatero na provincia de Ourense, xa que deixou sen gastar o 70,76% do orzamento da Confederación Hidrográfica do Douro para a provincia, un total de 1.910.635,40 euros. Segundo consta na información oficial recibida, o Executivo no exercicio 2008 (a 31 de decembro) e con cargo ao proxecto “Restauración hidrológico forestal FEDER e cofinanciado”,(o orzamento era de 2.700.000) investiu 789.364,60, o que supuxo un grao de execución do 29,24 %

Imos presentar unha nova serie de preguntas parlamentarias para esixir explicacións sobre a enorme falta de execución orzamentaria de 2008 e para coñecer o estado de execución dos proxectos previstos para 2009, nos que se pretendía investir 2.618.622,34 €

http://www.laregion.es/noticia/111653/Gobierno/Monterrei/presupuesto/comarca/