miércoles, 9 de diciembre de 2009

Pedimos explicacións sobre as previsións do Goberno en relación á rede ferroviaria de mercadorías en Galicia

Hoxe os deputados galegos do PP no Congreso solicitamos a comparecencia, na Comisión de Fomento da Cámara Baixa, do Secretario Xeral de Transportes do Ministerio de Fomento para que informe sobre as previsións do ministerio en relación á rede ferroviaria básica de mercadorías na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consideramos que tras as informacións aparecidas nalgúns medios de comunicación, debe darse unha explicación oficial en sede parlamentaria para que todos os grupos políticos e os cidadáns galegos poidan saber cales son os plans do Ministerio de Fomento.

Estimamos que o Secretario Xeral de Transportes do Ministerio debe aclarar se é certo ou non que o Executivo de Zapatero pretende relegar a finalización das melloras de infraestruturas necesarias en Galicia para contar cun servizo de transporte de mercancías ferroviarias competitivo e esperamos que Fomento tamén explique cuestións esenciais para o Grupo Parlamentario Popular e para os deputados galegos como as saídas que se utilizarán, as conexións cos portos previstas e os prazos de execución.

Confiamos en que o secretario de Transportes compareza canto antes para aclarar o futuro do transporte de mercancías en Galicia, xa que non só é importante definir os enlaces cos portos, senón tamén concretar os ramais de acceso das Grandes Infraestruturas loxísticas (portos, portos secos, plataformas loxísticas, polígonos industriais etc.) da Comunidade.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/09/0003_8159381.htm