Acabamos de coñecer que o Estado rexistrou un déficit de 71.524 millons de euros ata novembro en térmos de Contabilidade Nacional, o 6,79% do PIB, fronte ó déficit de 13.967 millons de euros do mesmo periodo do año anterior, o que supon que multiplicouse por cinco nun ano, según os datos presentados polo secretario de Estado de Hacienda, Carlos Ocaña.
Este buraco triplicou a necesidade de endebedamento ata chegar a superar os 100.000 millóns de euros.
O Banco Central Europeo advertiu ao goberno de Zapatero para que arranxe este perigoso desequilibrio.
Este buraco triplicou a necesidade de endebedamento ata chegar a superar os 100.000 millóns de euros.
O Banco Central Europeo advertiu ao goberno de Zapatero para que arranxe este perigoso desequilibrio.
Zapatero puxo a España liderando o “Índice de miseria” de Moodys, que o coloca como o país con máis riscos económicos en 2010.
Ante estos terribles datos o Grupo Popular rexistrou onte no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei na que reclama ao Goberno que retire o plan de reequilibrio presentado nas Cortes o pasado mes de outubro e presente un novo «concreto e solvente» que faga crible o obxectivo de reducir o déficit público ao 3% en 2013.
Esta proposición pretende evitar que a falta de credibilidade da economía española empeore os seus niveis de rating, tal e como advertiron xa varias axencias de cualificación.
Nesta iniciativa, o PP esixe que «o novo plan económico financeiro conteña as causas do desequilibrio, o diagnóstico para resolvelo, a proxección a tres anos das principais magnitudes macroeconómicas e as medidas específicas que tanto en materia de ingresos como de gastos se van a aprobar para retornar á estabilidade»