Termina o ano cunha esperadísma nova, o BOE do día 29 publica tres Resolucións da Entidade Pública Empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias de data 23 de decembro de 2009, polas que se anúncia a licitación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación do proxecto de construción de tres tramos ourensans da plataforma da Liña de Alta Velocidade Madrid Galicia. Olmedo-Medina-Zamora-Poboa de Sanabria-Lubian-Ourense.
Tramo Porto-Miamán: O prazo de execución é de 40 meses e o Importe neto: 88.695.132,38 euros. IVE (%): 16. Importe total: 102.886.353,56 euros.
Tramo: Miamán-Ponte Ambía: O prazo de execución é de 40 meses e o importe neto: 72.598.786,72 euros. IVE (%): 16. Importe total: 84.214.592,60 euros.
Tramo: Ponte Ambía-Taboadela: O prazo de execución é de 36 meses e o importe neto: 80.960.278,33 euros. IVE (%): 16. Importe total: 93.913.922,86 euros.
A data límite de presentación de ofertas remata o 22 de febreiro de 2010, ata as 12 horas.
A data e hora de apertura das ofertas será o 10 de marzo de 2010, ás 11:00 horas (documentación técnica). E o 8 de abril de 2010, ás 11:00 horas (proposicións económicas).
Sen dúbida unha boa noticia longamente esperada e moi ansiada por mi, que levo moitos anos demandado ao Goberno para que se dese este paso decisivo para a construción do tramo fundamental da conexión entre Madrid e Ourense.
Pero iso non me debe facer esquecer que o 22 de xuño de 2004 defendín unha Moción no Pleno do Congreso que foi aprobada por unanimidade e que entre outras cousas, dicía: "O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a que todas as actuacións relativas a infraestruturas de comunicación incluídas no Plan Galicia atópense finalizadas nos prazos que estaban comprometidos, a saber: En materia de alta velocidade ferroviaria, AVE Lubián-Ourense: 2009”
Termina hoxe 2009 e se o Goberno socialista cumprise teriamos xa en servizo a conexión por AVE entre Lubián e Ourense.
A realidade é que tán só Zapatero, Magdalena Álvarez e José Blanco, conseguiron licitar as obras de tres dos subtramos, e polo tanto levamos como mínimo unha lexislatura de atraso, e dicir catro anos.
E para que conste a realidade do que afirmo adxunto dous enlaces aos arquivos de publicacións da Cámara baixa.
Diario de Sesións do “Congreso de los Diputados, Pleno y Dip. Perm., núm. 19, de 22/06/2004” que recolle desde a páxina 786 ata a 789 o debate desta Moción que eu defendín.
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/PopUpCGI?CMD=VERLST&BASE=puw8&FMT=PUWTXDTS.fmt&DOCS=1-1&QUERY=%28CDP200406220019.CODI.%29#(Página785)

Boletín Oficial do “Congreso de los Diputados, serie D, núm. 45, de 29/06/2004” que recolle nas páxinas 13,14 e 15 este Acordo adoptado nada menos que no Pleno do Congreso dos Deputados e insisto, por práctica unanimidade , 305 votos a favor (incluido Zapatero, Blanco e Mágdalena) e unha abstención.