jueves, 21 de enero de 2010

¿Facer protestas ou facer propostas?


Hoxe estiven na tertulia de Radio Voz falando sobre as bases de elaboración do decreto do galego e manifestei que apostan por un ensino plurilingüe, que busca adaptarse e dar resposta ás necesidades e demandas da sociedade.

Recordei que na recente campaña electoral o PPdeG comprometeuse a derrogar o Decreto de ensino do bipartito e fixo agora unha proposta con catro garantías:

- Equilibrio entre galego e castelán e a entrada progresiva dunha terceira lengua

- Liberdade de expresión para os alumnos

- Elección dos pais en educación infantil

- Competencia lingüística dos alumnos nas dúas linguas oficiais

Ademais se engade:

- Mais capacidade de elección para os pais

- Maís presenza dunha terceira lingua, en equilibrio coas dúas linguas oficiais. Non podemos renunciar a dar a batalla polo inglés; non podemos conformarnos con seguir sendo un país que está á cola no que a aprendizaxe de linguas estranxeiras se refire.

Dixen que galego e castelán terán os mesmos dereitos nas aulas galegas, algo que co bipartito, por desgracia, non pasaba e que on estamos de acordo coa inmersión lingüística nin en castelán nin en galego.

Falei de que as bases están en período de consultas cos axentes implicados e que búscase con este proceso o pechar o mellor texto posible para a Educación máis completa posible e unha vez que todos os actores realicen as súas suxestións.

Nesta fase preséntanse dúas opcións: facer protestas ou facer propostas, e que o razoable en insistir no primeriro xa que stamos ante un texto aberto, no medio dun proceso de diálogo pensado en enriquecer o texto con achegas de todos os actores do sistema educativo.


Sobre a folga convocada hoxe dixen que créase un conflito en plena fase de diálogo, antes de coñecer o Decreto, é polo tanto unha protesta de xuízo previo. O noso respecto a este paro convocado e amparado polo nacionalismo, en concreo pola Plataforma “Queremos galego”, na que se integran entre outros a Mesa pola Normalización Lingüística, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Confederación Intersindical Galega (CIG), Esquerda Unida, Frente Popular Galega (FPG), Esquerda Anticapitalista, Galiza Nova, Sindicato Labrego Galego (SLG), Sindicato Traballadores Ensino Galego (STEG) etc.

Pedin ao PSOE que deixe a ambivalencia que demostra co novo texto do decreto do galego e aclare se está a favor de organizacións satélite do BNG como a Mesa pola Normalización Lingüística ou se, pola contra, está a carón dos que defenden o consenso lingüístico.

A postura do PSOE é incomprensible, xa que uns días parecen mostrarse a favor da liberdade lingüística e outros, pola contra, coinciden nas súas apreciacións ao novo modelo lingüístico coa postura de organismos vencellados ao BNG.

Os socialistas teñen que dicir qué modelo está a seguir: se o de Montilla que se xunta cos nacionalistas máis extremistas ou o de Patxi López, máis aberto de miras, que non dubida en deixar atrás diferencias políticas co PP e se alía con este polo consenso lingüístico no País Vasco.

Entre defender a liberdade lingüística e non defendela non hai medias tintas, e polo tanto, o PSOE debe decidir se no escenario lingüístico aposta por seguir lonxe do centro político, a carón dos nacionalistas, ou se aposta polo consenso lingüístico ao lado do Partido Popular.