Onte asistín ao acto inaugural das Xornadas Técnicas sobre “Ourense, alta velocidade” que organiza o Concello de Ourense.
Interveu en primeiro lugar o Alcalde Francisco Rodríguez que presentou as Xornadas e mencionou a necesidade de que a alta velocidade estea integrada nun proxecto xeral de cidade apuntando a importancia de aproveitar o valor estratéxico da estación.
Interveu en primeiro lugar o Alcalde Francisco Rodríguez que presentou as Xornadas e mencionou a necesidade de que a alta velocidade estea integrada nun proxecto xeral de cidade apuntando a importancia de aproveitar o valor estratéxico da estación.
Pola súa banda o primeiro conferenciante o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Agustín Hernández avogou por que as estacións intermodais permitirán aos cidadáns escoller os sistemas de transporte público máis eficiente e adaptado ás súas necesidade e tamen pola colaboración interadministrativa para que as estacións intermodais se convertan nunha oportunidade de desenvolvemento urbanístico e social das cidades.
Recordou que a planificación e desenvolvemento do Ave en Galicia está fixado no Pacto do Obradoiro que supuxo un novo pulo e unha nova esperanza para a alta velocidade en Galicia e subliñou que a alta velocidade constitúe o novo ferrocarril e presenta numerosas vantaxes fronte a outros tipos de transporte, como a conectividade, o respecto ao medio ambiente, é mellora a competitividade, xa que inflúe favorablemente no sector servizos e turismo impulsando os desprazamentos de xente por negocios ou por lecer.
Nesta visita a Ourense, o Conselleiro manifestou que no proceso de alegacións ao estudo informativo do trazado ferroviario en Ourense a Xunta defendeu que o primeiro era facilitar a chegada do AVE a Ourense e o resto de Galicia, e que por iso non deberíase facer ningunha actuación que produzera unha demora, e que tamén a Xunta pediu que de xeito inmediato deberíanse facer os estudos para o soterramento dás vías do AVE na cidade.