Presentei no rexistro do Congreso a solicitude de comparecencia na Comisión de Fomento do Congreso da secretaria xeral de Infraestruturas para que informe sobre as actuacións que o Goberno ten previsto levar a cabo para mellorar a seguridade viaria e a conservación e mantemento da autovía A-52.
Recordamos que se trata dunha autovía que vertebra Galicia e que soporta unha altísima densidade circulatoria, e que estamos preocupados polo estado de deterioración que sofre a vía que, doce anos logo da súa finalización completa, presenta multitude de fochancas e deficiencias de firme e sinalización que a fan perigosa para a circulación.
Ademais presentei unha pregunta oral no mesmo sentido para que os responsables de Fomento aclaren que obras vanse a levar a cabo para evitar os constantes accidentes que se producen debido ao mal estado do firme en todo o percorrido da vía en Galicia.
O Goberno debe garantir a seguridade viaria nas estradas galegas e para iso é esencial que execute as partidas orzamentarias consignadas. O Executivo, en resposta a unha pregunta que lle fixen, confirmou recentemente que non investiu 21.575.852 euros dos 45.073.220 orzados entre 2006 e 2008 en seguridade viaria na provincia de Ourense, o que representa o 47,87%.
Por outra banda, no trámite de debate dos PGE para o 2010, o PP xa expresou as súas queixas polo feito de que lonxe de incrementarse a partida para actuacións de conservación e explotación na provincia de Ourense, estas reducíanse. Así, órzanse para este ano 18.578.000 euros, cando en 2009 consignáronse 20.479.880.
Lembro que o Ministerio de Fomento é responsable da conservación e explotación na Rede de Estrada do Estado, á que pertence a A-52, e debe mellorar o servizo que se presta aos usuarios desa autovía incrementando a seguridade viaria. A Fomento correspóndenlle os servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, servizos de vialidad invernal, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, alumado, sinalización variable e semaforización, e tamén os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións e estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.
Así mesmo, recordo que corresponde ao Ministerio de Fomento ocuparse dos traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas e en xeral todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo. Agardamos que o Goberno teña en conta a importancia destes investimentos para mellorar a seguridade nas estradas ourensás, xa que o diñeiro que está deixando sen gastar serviría para que a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento executase na provincia obras esenciais como as expresadas anteriormente.
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/01/13/00031263401077350937435.htm
http://www.atlantico.net/noticia/95743/congreso/estado/a-52/
http://www.atlantico.net/noticia/95743/congreso/estado/a-52/