miércoles, 13 de enero de 2010

Solicito novamente o soterranento

O pasado día 12 rexistrei no Congreso unha solicitude de comparecencia da secretaria xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento para que informe se o Goberno, do mesmo xeito que está facendo noutras cidades españolas, apoiará o soterramento do AVE na súa entrada na cidade de Ourense.

Unha vez máis creo que o Executivo non pode perder esta oportunidade para mellorar as infraestruturas na terceira capital galega e está obrigado a deseñar a mellor solución posible para a integración do AVE en Ourense, os socialistas deben explicar por que o soterramento das vías é a mellor solución para a integración do AVE na Estación de Vigo-Urzaiz, onde se gastarán 75 millóns de euros, por que ese ministerio considera tamén que o soterramento é a mellor opción para a integración dunha parte do AVE en Logroño e, con todo, descártao en Ourense.

Desde o PP insistimos en que este proxecto é vital para o desenvolvemento da cidade e entendemos que o goberno socialista debe escoitar o clamor da cidadanía ourensá, que a través do proceso de alegacións presentadas situouse claramente a favor do soterramento do AVE na Estación de Ourense-Empalme.

Tamén presente unha pregunta para que o Executivo socialista explique por que o Goberno está atrasando a firma do anunciado convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello, Adif e Renfe Operador para a integración do Ave en Ourense.

E unha vez máis recordo que o alcalde de Ourense anunciou en xaneiro de 2009 que nese mesmo mes asinaríase o citado convenio, pero un ano despois nin se asinou nin se coñece a data, algo que contrasta con outras cidades ás que chegará o AVE que fai meses que teñen asinados os seus respectivos convenios similares.