Seguimos cos datos de paro rexistrado, neste caso os relativos ao concello de Ourense.
Son os seguintes:
A 31 de decembro de 2009 había en Ourense 8.940 parados cando no mesmo mes de 2008 había 7.072. É dicir 968 parados máis, un crecemento do 12,14 %.
Dos 8.940 parados, 5.177 eran mulleres. Fai un ano eran 4.702, o que supón un crecemento do paro feminino de 475 persoas.
Do total de parados, 3.763 eran homes. Fai un ano eran 3.270. Creceu o paro masculino en 493 persoas.
Dos 8.940 parados, 1.001 tiñan menos de 25 anos, o que supón un incremento de 149 persoas en relación co mesmo mes do ano anterior.
Fonte: Servizo Estatal de Emprego e Servizo Galego de Emprego