Onte os deputados nacionais do PP por Ourense e Lugo, Celso Delgado, Ana Belén Vázquez, Joaquín García Díez e Olga Igrexas; e do deputado nacional e alcalde de Ponferrada, Carlos López Riesco, presentamos unha Proposición non de Lei para instar ao Goberno a que licite, de modo inmediato, a redacción do proxecto de trazado e construción da autovía entre Ourense e Ponferrada, a A-76.
Reclamamos ao Executivo, ademais, a consideración como prioritaria desta autovía na nova programación do Ministerio de Fomento e o aseguramento do seu financiamento, xa que a A-76, incluída no PEIT, é imprescindible para a vertebración da Galicia interior e constitúe un terceiro acceso de gran capacidade desde Galicia facía Castela-León (ademais da A-6 e a A-52).
Tras a reunión celebrada no Barco de Valdeorras o pasado 22 de xaneiro, na que se constituíu un grupo permanente de traballo para a defensa e reivindicación da A-76, os deputados nacionais do PP por Ourense, Lugo e Ponferrada iniciaron xa, coa presentación desta PNL, o seu labor de seguimento.
Conven recordar que, na actualidade, a comunicación viaria entre Ourense- Monforte de Lemos- Quiroga-A Rúa- O Barco de Valdeorras e Ponferrada realízase pola estrada nacional N-120, que, a pesar das recentes obras de ampliación mediante carriis de adiantamento, está moi saturada e non dá o servizo de calidade que merecen os cidadáns.
Lamentamos que, a pesar da importancia desta infraestrutura, o Goberno dedicoulle nos últimos anos unhas consignacións orzamentarias ridículas, moitas das cales nin sequera executar. En 2007, por exemplo, o Executivo deixou sen executar 689.127,00 euros, é dicir, o 74,89% do orzamento consignado; e en 2008 consignáronse un total de 680.000 euros para as dúas provincias de Galicia, e 120.000 euros para a provincia de León, en total 800.000 euros, pero o exercicio acabou con todos os investimentos perdidos.
Aínda descoñecemos o grao de execución dos 300.000 € consignados en 2009 para a A-76, pero dado o escaso compromiso orzamentario do Goberno socialista de José Luís Rodríguez Zapatero para 2010, que só chega a un millón de euros no conxunto das tres provincias afectadas, tememos que o Goberno siga condenando a esta infraestrutura ao esquecemento.
Sublimamos que non estamos dispostos a que o Goberno socialista demore por máis tempo este proxecto, xa que o Ministerio de Fomento adxudicou o 22 de decembro de 2005 a redacción do estudo informativo a unha empresa de enxeñería e tardou case tres anos en que se aprobase provisionalmente devandito estudo.
Aínda hoxe está sen resolver a fase de resposta ás alegacións presentadas no trámite de información ao público, que se iniciou coa publicación no BOE de 5 de setembro de 2008.
Tras a resposta do Ministerio de Fomento ás múltiples alegacións efectuadas cando se coñeza o trazado elixido, haberá que esperar a que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño emita a preceptiva Declaración de Impacto Ambiental, que dará paso á aprobación definitiva do estudo informativo.
Entón licitarase a contratación dunha asistencia técnica para a redacción do Proxecto de Trazado e Construción e, unha vez aprobado este, permitirá a correspondente licitación e adxudicación das obras.
http://www.laregion.es/noticia/118410/PP/Ourense/Lugo/mLeón/CelsoDelgado/AnaBelénVázquez/CarlosLópezRiesco/
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/02/25_07.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/02/25/0003_8317608.htm
http://www.diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=510473
http://www.la-cronica.net/2010/02/25/el-bierzo/piden-que-se-licite-el-proyecto-de-la-a76-de-forma-inmediata-70236.htm
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/02/25_07.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/02/25/0003_8317608.htm
http://www.diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=510473
http://www.la-cronica.net/2010/02/25/el-bierzo/piden-que-se-licite-el-proyecto-de-la-a76-de-forma-inmediata-70236.htm