sábado, 13 de febrero de 2010

Novamente negando a realidade



O pasado mercores pola mañá tivemos a primeira sesión de control ao Goberno deste ano. Mariano Rajoy preguntou a Zapatero polas medidas que se deben adoptar para superar a recesión e este respondeu negando a realidade e faltando á verdade con manipulación de datos que resulta necesario desmentir:

«A economía española non está hoxe peor que fai seis meses».

Os 500.000 españois que perderon o seu emprego nestes seis meses demostran o contrario.

O déficit público pasou do 5 ao 11% nestes semestre: 60.000 millóns máis de déficit.

A débeda aumentou en 52.000 millóns de euros neste período.

«España está practicamente a piques de deixar a recesión».

É a cuarta vez que asegura o mesmo:

-29.IV.2009: «É probable que o peor da crise pase xa».
-28.IX.2009: «O peor da crise pasou xa».
-8.I.2010: «España está a piques de saír da recesión se non o fixo xa».

España pechou 2009 en recesión, cunha caída anual do 3,6% e permanece como a única en recesión das grandes economías europeas.

«O nivel de débeda pública sobre o PIB era superior no último ano do goberno do PP que agora».

Os datos que o propio goberno envía a Europa desménteno:

- 2004: a débeda supuña o 46% do PIB
- 2009: a débeda supuxo o 55% do PIB
- 2010: a débeda alcanzará o 66% do PIB

«O custo da débeda era superior en febreiro de 2004 que agora».

O tipo de interese real do bono a 10 anos, tendo en conta a inflación, no ano 2004 foi do 0,91% mentres que en 2009 foi do 4,22%.