jueves, 4 de febrero de 2010

Estratexia para que Galicia quede sen Caixas de Aforro.


Hoxe no faladoiro de Radio Voz falamos da intención dos socialistas de recorrer a Lei de Caixas.


Afirmei que estas pretensións do Goberno de España auspiciadas polo socialismo galego perseguen que Galicia se quede sen caixas de aforro.


Fixen un chamamento á responsabilidade do Goberno central para que mude de opinión de presentar un recurso político e non xurídico, para non volver caer nunha España asimétrica, de dúas velocidades, na que hai comunidades que teñen un financiamento mellor e comunidades que teñen caixas de aforro.


E moito o que está en xogo, primeiro, que Galicia quede sen caixas de aforro e, segundo, que as caixas galegas non poidan ter unha inxección de liquidez co FROB como teñen a maioría das caixas en España.


Quérese por Zapatero, e polos paisanos que se integran no seu Goberno: Blanco, Espinosa, Caamaño e Salgado que Galicia se quede na segunda división, pero desde logo os galegos saberemos reaccionar pedindo caixas de aforro como teñen Andalucía, Cataluña ou como terán os vascos e outras comunidades.


Remateir recordando que unha empresa auditora independente avala a solvencia da fusión das caixas galegas, e que garante a galeguidade, a solvencia e está avalada tecnicamente, co que se cumpre o mandato parlamentario.

A realidade e que as entidades galegas non poden camiñar soas a medio prazo nun escenario financeiro cambiante e onde a competencia crece de xeito continuo, e que a unión de Caixa Galicia e Caixanova daría lugar á quinta caixa española.

Agarderemos a ver mañá que decide o Consello de Ministros.