Hoxe pola mañá, como todos os mércores, tivemos sesión de control ao Goberno. Mariano Rajoy, nunha seria intervención puxo en dúbida que o presidente do Goberno poida tomar as medidas necesarias para sacar a España da crise económica posto que dilapidou a credibilidade que no seu día tivo.
Explicou o que hai facer e díxolle a Zapatero : “Primeiro, dicir a verdade, aquí e fóra de aquí; en segundo lugar facer o que se di; en terceiro lugar non cambiar de criterio cada media hora, que é o que fai vostede; en cuarto lugar non improvisar; en quinto lugar presentar un plan económico serio, crible e comprensible e en sexto lugar fixar prioridades”
O noso Presidente fixou como prioridades a redución do déficit e da débeda pública, facer que volva o crédito e reestruturar o sistema financeiro.
Mariano Rajoy recordou como o presidente do Goberno di agora que hai que reducir o gasto público mentres fai un mes presentaba uns Orzamentos Xerais do Estado no que ese mesmo gasto subía un 17 por cento. “Fai anuncios que xeran alarma sobre as pensións, rectifica documentos sobre pensións que envía a Europa. Logo de dous anos sen facer unha reforma laboral agora presenta un índice e dille a sindicatos e empresarios que se poñan de acordo”
O presidente do PP recordou como nos últimos días coñecéronse algúns datos económicos moi preocupantes. Así, relatou como levamos sete trimestres en recesión, segue sen haber crédito en España, o déficit público é do 11, 4 por cento e o diferencial co bono alemán é de 100 puntos básicos e, o que é peor, no mes de xaneiro coñecemos que había 256.000 afiliados menos á Seguridade Social e que xa en España hai catro millons de parados.