O Goberno acaba de responder, con nove meses de atraso, a unha pregunta parlamentaria sobre o estado do proxecto da Circunvalación Norte de Ourense, é dicir, do viario que conectará as estradas N-525 e N-120 ao seu paso pola cidade.
Na resposta, o Goberno di que “Está previsto que o Proxecto poida someterse a Información Pública no primeiro trimestre de 2010”
Recordo que se trata dunha estrada de só 5,8 quilómetros cuxo estudo inicial aprobouse en xaneiro do 2001 e que o compromiso do Ministerio de Fomento era ter finalizada a redacción do proxecto de construción da Variante Norte de Ourense en outubro de 2008. Máis adiante, ante os requirimentos dos que foi obxecto a secretaria de Estado de Infraestruturas na súa comparecencia na Comisión de Fomento do Congreso o 19 de decembro de 2008, o Goberno comprometeu unha nova data límite: xuño de 2009.
Tras estes constantes e reiterados incumprimentos do Goberno, e sobradamente vencidos aqueles prazos, estamos á espera deste víal, que é de vital importancia para reducir o tráfico de vehículos dunha capital de 110.000 habitantes.
A posta en funcionamento da Circunvalación Norte evitará que teña que entrar na cidade todo o tráfico procedente da zona norte, desde Lugo, Santiago e Monforte, ademais de ofrecer alternativas ao procedente de Madrid e Celanova.
Ourense, a terceira cidade de Galicia en poboación, precisa con urxencia dispor desta circunvalación e espero que nesta ocasión o Goberno socialista cumpra a súa palabra e someta neste primeiro trimestre do ano o Proxecto a Información ao Público.
Espero que non defrauden unha vez máis aos ourensáns como acaban de facer ao orzar para a Variante Norte nos PGE para 2010 tan só 10.000 €.
En calquera caso seguiremos vixiando día a día a tramitación deste proxecto e urxindo á súa conclusión co fin de que o Goberno non volva deixalo esquecido.
http://www.laregion.es/noticia/116508/ourense/variante/norte/trazado/proyecto/