Hoxe en compañía cos deputados nacionais por Lugo, Joaquín García Díez; e Léon, o alcalde de Ponferrada, Carlos López Riesco, formulei unha solicitude de comparecencia urxente en Comisión para que o ministro de Fomento, José Blanco, explique as previsións do Goberno en relación coa conexión por AVE entre Monforte-O Barco de Valdeorras-Ponferrada.
Reaccionamos así ante as declaracións do titular de Fomento e doutros cargos do Ministerio que apareceron nos últimos días nos medios de comunicación, nas que o Executivo socialista de Zapatero descarta que esta conexión vaia ser de alta velocidade e, pola contra, afirma que se dedicará pfererentemente ao tráfico de mercadorías.
Cremos que os anuncios do Ministerio, e máxime cando son de tanta importancia, non deben facerse nos medios de comunicación. É en sede parlamentaria onde hai que dar estas explicacións, que, por certo, vimos esixindo desde fai tempo por parte do PP.
É preciso recordar que o Ministerio de Fomento acordou o 14 de febreiro de 2003 a licitación do contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do “Estudo informativo do proxecto de liña de alta velocidade Ponferrada-Monforte de Lemos”. Adxudicouse o 12 de xuño dese ano á empresa de enxeñería Sener por importe de 851.000 euros e a realidade é que hoxe, case sete anos logo daquela adxudicación, non se sabe nada de devandito estudo informativo.
Para nos o Executivo socialista non pode xustificar este parón ao proxecto do AVE Ponferrada-Valdeorras-Monforte amparándose na crise económica que se vive, xa que desde que chegou ao poder o PSOE evidenciouse que este proxecto non lles interesaba.
Tamén hai que recordar que no Pleno do Congreso dos Deputados, o 22 de xuño de 2004, votouse por unanimidade unha moción que establecía que esta liña de AVE entre Ponferrada-Valdeorras-Monforte entraría en servizo entre 2012 e 2014, o que evidentemente é absolutamente incumplible.
Agardaremos esas explicacións.
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/03/10/0003_8344913.htm
http://www.laregion.es/noticia/119178/OBraco/Valdeorras/CelsoDelgado/CarlosL%C3%B3pezRiesco/Ponferrada/Monforte/AVE/
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/03/10_05.htm
http://elprogreso.galiciae.com/nova/50000.html
http://www.diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=513342
http://www.infobierzo.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3097:el-pp-solicita-formalmente-la-comparencia-urgente-del-ministro-jose-blanco-en-el-congreso-&catid=30:portada
http://www.elbierzodigital.com/bierzo/?noti=46402
http://leonoticias.com/frontend/leonoticias/La-Diputacion-De-Leon-Luchara-en-Todos-Los-Frentes-Para-Qu-vn45385-vst208