jueves, 18 de marzo de 2010

Na tertulia de Radio Voz


Hoxe debatemos de caixas de aforro na tertulia de Radio Voz.

Falei de que estamos asistindo a un proceso de reestruturación financeira, impulsado polo Banco de España e o Goberno central, que leva o risco de que Galicia perda as súas caixas de aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter social transfórmense en entidades financeiras privadas.

E que fronte a este risco, o Parlamento de Galicia aprobou por ampla maioría de 2/3, a Lei de modificación de Caixas de Aforros de Galicia.

Modificacións que pretenden profundar tanto na modernización da representación territorial, institucional e privada como na eficacia no funcionamento e cumprimento das súas funcións.

Critiquei unha vez máis a resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego, a presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galicia que supón a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas e a situación idónea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.

Lamentei unha vez máis o ataque directo que iso supón á autonomía lexislativa e á soberanía galega .


A próxima semana teremos un interesante debate no Pleno do Congreso sobre esta materia.