Na mañá de hoxe reunímonos en Ponferrada o Grupo de Traballo para o seguimento das infraestruturas de especial interese para Galicia, O Bierzo e León (A-76 e AVE Monforte-Ponferrada), baixo a presidencia nesta ocasión do deputado nacional e alcalde de Ponferrada, Carlos López Riesco, os tamén deputados nacionais do PP por Ourense e Lugo, Celso Delgado e Joaquín García Díez; o senador do PP, Fidel Cerezales González, o vicepresidente da Deputación Provincial de León para o Bierzo, Darío Martínez Fernández, o vicepresidente da Deputación de Ourense e portavoz municipal do PP no Concello do Barco, Moisés Blanco Paradelo, así como o portavoz do PP en Monforte, Manuel López Eiriz, e o seu compañeiro Afonso González Blanco.
Como se recordará, este grupo de traballo xorde o pasado 22 de xaneiro cando no Barco de Valdeorras os mesmos deputados crearon dito Grupo.
Como se recordará, este grupo de traballo xorde o pasado 22 de xaneiro cando no Barco de Valdeorras os mesmos deputados crearon dito Grupo.
Dixemos entón que levariamos a cabo un labor constante de vixilancia destas infraestruturas e presentariamos iniciativas tanto no Congreso e o Senado como nos concellos e deputacións afectadas para intentar axilizar os prazos e esixir ao Goberno un decidido compromiso político e orzamentario con elas.
Recordo que desde o 22 de xaneiro ata hoxe que neste presentámos un conxunto de iniciativas entre as que destacan dúas sobre os seguintes temas:
A-76
O 23 de febreiro de 2010 presentamos unha Proposición non de Lei na que instaban ao Goberno a que, en relación co proxecto da autovía entre Ourense e Ponferrada, A-76, adopte todas as decisións necesarias para asegurar:
1. A licitación de modo inmediato da redacción do Proxecto de trazado e construción.
1. A licitación de modo inmediato da redacción do Proxecto de trazado e construción.
2. A consideración, dentro da nova programación do Ministerio de Fomento, de está autovía como prioritaria e en consecuencia debidamente programada o seu financiamento.
AVE PONFERRADA-OURENSE
AVE PONFERRADA-OURENSE
O 9 de marzo de 2010 formulamos unha solicitude de comparecencia urxente en Comisión para que o ministro de Fomento, José Blanco, explique as previsións do Goberno en relación coa conexión por AVE entre Monforte-O Barco de Valdeorras-Ponferrada.
Reaccionabamos así ante as declaracións do titular de Fomento e doutros cargos do ministerio que habían aparecido nos medios de comunicación, nas que o Executivo socialista de Zapatero, por boca do seu ministro de Fomento José Blanco, que se descartaba que esta conexión vaia ser de alta velocidade e, pola contra, afirma que se dedicará básicamente ao tráfico de mercancías.
Accións :
Por todo iso, o Grupo de Traballo, despois dun amplo debate acordou a modo de conclusións desta reunón as seguintes:
Invitar a Zapatero a que o luns 29, con ocasión da visita que xirará a León, despexe todas as dúbidas xeradas ao redor destes dous proxectos. Carlos López Riesco destacou que foi precisamente en León onde fai anos Zapatero fixo un Consello de Ministros para aprobar un Plan Oeste no que se aseguraba que se construiría un AVE entre León, Ponferrada e Monforte, pero a realidade é que desde entón non se moveu nin un papel.
López Riesco dixo que espera que ese compromiso co AVE e a A76 non queden nos papeis do PEIT senón que se faga realidade con prazos concretos e inmediatos. E tamén subliñou que con estas infraestruturas estas zonas de León, Lugo e Ourense estanse xogando o futuro dos próximos cincuenta anos.
Joaquín García Díez, deputado por Lugo, pediu a José Blanco que poña entre León e Monforte, no sitio que el considere oportuno, unha desas carpas tan luxosas que afai pór noutros lugares para anunciar obras. É o momento de pasar das palabras aos feitos.
Pola miña parte anuncie que o próximo 20 de abril José Blanco ten unha ocasión de ouro na Comisión de Fomento do Congreso para deixar claro que nin a A76 entre Ourense e Ponferrada nin o AVE entre Monforte e Ponferrada van ser obxecto de eliminación dentro da nova programación nin de recortes orzamentarios. Non é xustificable que se aleguen agora problemas orzamentarios pola crise cando en sete anos estas zonas quedaron totalmente relegadas das actuacións dos gobernos socialistas. É irrenunciable o AVE entre León-Ponferrada-Monforte-Lugo-Coruña.
http://www.laregion.es/noticia/120708/A-76/Ave/diputados/Zapatero/Ponferrada/PP/PSOE/autovía/ALastra/Rubiá/
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/03/28/piden-zapatero-agilice-76-ave-monforte-lemos-valdeorras/424324.html
http://www.la-cronica.net/2010/03/28/el-bierzo/el-pp-insta-a-zapatero-a-despejarmanana-las-dudas-sobre-el-ave-74559.htm
http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jspidContenido=0003_8384891&idSeccion=
http://www.diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=517214
http://elprogreso.galiciae.com/nova/51057.html
http://www.infobierzo.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3228:la-comparecencia-de-jose-blanco-se-confirma-para-el-20-de-abril-y-los-diputados-nacionales-del-pp-exigen-en-ponferrada-la-concrecion-de-plazos-y-el-tipo-de-proyecto&catid=30:portada