Comezamos o mes de marzo coñecendo datos de Eurostat segundo os cales o número de parados en España o pasado mes de xaneiro ascendeu a 4.317.000, un 18,8% da poboación activa. Esta taxa é a máis alta da Zona Euro e a segunda máis alta de toda a Unión Europea dos 27.
O número de parados aumentou en 693.000 respecto de xaneiro de 2009, aínda que caeu en 11.000 parados respecto o pasado mes de decembro.
Así mesmo, España lidera a taxa de paro entre os mozos menores de 25 anos en toda a UE27, que se sitúa no 39,6%, desde o 39,1% do pasado mes de decembro, mentres fai un ano era do 33,1%. O país que máis taxa de paro xuvenil ten logo de España é Eslovaquia e sitúase moi por detrás, ata o 33,6%.