sábado, 10 de abril de 2010

¿Que proxectos galegos estarán incluidos no Plan Extraordinario de Infraestruturas?


Esta semana o Ministro de Fomento, José Blanco presentou o Plan Extraordinario de Infraestruturas (PEI) que segundo dixo ten por obxectivo reactivar a economía e o emprego a través do investimento en infraestruturas de transporte

Onte rexistrei no Congreso unha solicitude de comparecencia para que o citado ministro, compareza na Comisión de Fomento da Cámara Baixa para informar sobre que proxectos dos previstos na Comunidade Galega veranse afectados pola nova programación do Plan Extraordinario de Infraestruturas.

Manifesto a preocupación polo feito de que o único que se saiba deste PEI é que se incluirán os proxectos que están en avanzado estado de tramitación e que se van a primar os criterios de rendibilidade social, ambiental e económica.

Entendo que de todos os proxectos ferroviarios pendentes en Galicia só a liña de AVE de conexión coa meseta podería cumplir con requisito de tramitación avanzada, e desde logo considero que todos os proxectos estratéxicos para Galicia deberían incluírse, tanto o resto das liñas de AVE como as autovías comprometidas.

Consisdero que despois de que o propio ministro de Fomento recoñecese que o AVE galego estivo gardado nun caixón durante cinco anos agora non se pode volver marxinar os proxectos porque non estean avanzados.

Galicia non pode ser sempre a que saiga malparada, máxime cando a responsabilidade de que os proxectos non estean avanzados é do propio Goberno socialista, e tamén se vería marxinada se se fan primar os criterios de rendibilidade económica(que poden encubrir criterios de rendibilidade electoral).

Blanco debe explicar cales son as súas previsións respecto das obras galegas e cales destas enmarcanse neste plan que se financiará coa fórmula de colaboración pública e privada.

Espero que o ministro aclare todas estas cuestións canto antes, xa que non se pode volver perder unha oportunidade para reactivar obras estratéxicas para Galicia.

Tamén agardamos ao ministro de Fomento o próximo día 21 cando compareza na Comisión de Fomento da Cámara Baixa para explicar tamén como afectará o Plan de Austeridade do Goberno ás obras programadas en Galicia.