Esta semana presentamos os deputados Galegos do PP de forma conxunta unha batería de preguntas relacionadas con todas as autovías galegas incluídas no Plan Galicia e que, con carácter xeral acumulan un monumental atraso.
Recordamos que o pasado 22 de xuño de 2004, o Pleno do Congreso aprobou por unanimidade unha moción do GPP pola que a Cámara Baixa instaba ao Goberno a comprometerse a que todas as actuacións de infraestruturas do Plan Galicia atopásense finalizadas nuns prazos que se fixaban.
A-8- Autovía do Cantábrico: data comprometida de finalización 2007-2008
Recordamos que acumúlanse dous anos de atraso do prazo comprometido polo Goberno para a posta en servizo de todos os tramos galegos da Autovía do Cantábrico, e que, dos 84,75 quilómetros existentes en Galicia, tan só 34,6, menos da metade, están en servizo.
Subliñamos que, a diferenza desta situación, na parte asturiana abríronse xa ao tráfico máis do 50% dos tramos e esixe ao ministro de Fomento que explique os motivos do enorme atraso acumulado e que comprometa unha data para a posta en marcha da Autovía do Cantábrico.
A-56 Autovía Lugo-Ourense: data comprometida para a súa posta en servizo 2008-2010
Do mesmo xeito, destacamos que dos 68,8 quilómetros da Autovía Lugo-Ourense, que debería haber estado terminada este ano 2010, só están obras 9,75, entre San Martiño e A Barrela Norte, mentres que hai outros 8,5 en proxecto, entre Cambeo e San Martiño, e o resto está en proxecto de trazado. O Goberno debe comprometer unha data real e explicar os motivos de tanta demora.
A-54 Autovía Lugo-Santiago: data comprometida para a súa posta en servizo 2008-2010
En relación á Autovía A-54, entre Lugo e Santiago, poñemos de manifesto que só están en servizo 9 quilómetros, entre Lavacolla e a N-550; en execución 56,8 e 32 (tramo Arzúa-Pas) en información pública, polo que queremos saber cúal é o estado actual de tramitación deste proxecto, que data compromete o Executivo socialista para a súa posta en funcionamento e os motivos do enorme atraso acumulado.
Autovía A-57 conexión A-52 Pontevedra: data comprometida de finalización 2010
Ademais, preguntamos tamén sobre a Autovía A-57 conexión A-52 de Pontevedra, xa que a data de hoxe dos 59,1 quilómetros de lonxitude da vía non hai nin un só en servizo ou en obras e unicamente están en estudo informativo 20 quilómetros e o resto en proxecto de trazado/construción.
Urxe que o Executivo socialista comprometa unha data para a finalización e posta en marcha desta importante infraestrutura e que o ministro José Branco aclare os motivos das inxustificadas demoradas acumuladas.
A-72 Autovía Chantada-Monforte: data comprometida para posta en servizo 2010
Finalmente reclamamos a Fomento unha data para a posta en servizo da Autovía Chantada-Monforte, outra das comprometidas na emenda aprobada o 22 de xuño de 2004 no Congreso e da que tampouco hai un só quilómetro, dos 36,68 previstos, en servizo ou en obras.
Consideramos inxustificables estes atrasos e esixen ao Goberno de Zapatero un cambio de actitude que debe materializarse coa inclusión de todas estas infraestruturas dentro das prioritarias na nova programación do Ministerio de Fomento.