É urxente que se contrate o proxecto construtivo da circunvalación do Barco de Valdeorras, unha vía de tan só 6,5 quilómetros que o Executivo socialista de Zapatero leva atrasando desde fai varios anos.
Recordo que a execución desta circunvalación é fundamental por motivos de seguridade viaria e para desconxestionar a vila da gran cantidade de camións que trasladan a lousa desde as canteiras da comarca ata a N-120.
Hai que pór fin a graves accidentes como o ocorrido o pasado 23 outubro de 2009, que tivo como consecuencia o atropelo dunha muller por un trailer no mesmo centro de Valdeorras e que volven recordar a necesidade de executar canto antes este proxecto.
Considero que unha vila de 14.200 habitantes e da importancia e puxanza económica do Barco de Valdeorras merece unha solución a esta situación e denuncio a falta de compromiso do Goberno con esta infraestrutura, xa que nos PGE do 2010 consignou unicamente 100.000 euros demostrando a escasa vontade política de impulsala.
En resposta a unha pregunta parlamentaria que fixen o Executivo sinalou o pasado ano que “O Estudo Informativo aprobouse definitivamente o 19 de maio de 2009. Con posterioridade deuse Orde de Estudo para a redacción do proxecto de construción. Nos meses próximos procederase á licitación para a redacción do proxecto”, pero o certo é que desde xullo de 2009 non se volveu a saber nada do tema.
Entendo que é absolutamente necesario conectar as estradas nacionais 120 e 536 no Barco de Valdeorras e denuncio o enorme atraso acumulado neste proxecto. En xuño de 2009 cumpríronse catro anos desde o inicio da súa tramitación e a día de hoxe aínda non se licitou a redacción do proxecto, polo que, de seguir con este pousado ritmo, estaremos ante un horizonte de posta en servizo próximo ao ano 2012. cando se comprometeu a data de 2009.
É o momento dos feitos e non de seguir con declaracións e con anuncios que non se cumpren.
Basta recordar que en xuño do 2005 o alcalde socialista do Barco entrevistouse en Madrid co secretario de Estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, e ambos anunciaron aos catro ventos que as obras da circunvalación iniciaríanse en 2006. A realidade é que catro anos despois non se executou nin un metro de obra.
Subliño, ademais, que ao tremendo atraso acumulado na xestión administrativa do proxecto hai que engadir o bajísimo nivel de execución orzamentaria do Executivo, algo que demostra novamente a nula vontade do Goberno de levalo a cabo.
É imprescindible que o Goberno tome conciencia da urxente necesidade de impulsar esta estrada.
http://www.laregion.es/noticia/121547/OBarco/Circunvalación/N-120/CelsoDelgado/AlfredoGarcía/
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/04/07_07.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/04/07/circunvalacion-o-barco-contratarse-despues-cuatro-anos/426730.html
http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_8400536&idSeccion=75B7B43F0A80B197001770399536394C
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/04/07_07.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/04/07/circunvalacion-o-barco-contratarse-despues-cuatro-anos/426730.html
http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_8400536&idSeccion=75B7B43F0A80B197001770399536394C