martes, 13 de abril de 2010

Denuncio a paralización das obras de rehabilitación do edificio Sindical no Barco de Valdeorras


Onte rexistrei unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno socialista pedindo explicacións a paralización das obras de rehabilitación do edificio do Patrimonio Sindical Acumulado, no Barco de Valdeorras.

O 21 de outubro de 2008 asinábase o acta de comprobación de reformulo na que se fixaba como data de terminación o 22 de agosto de 2010. Hai que dicir que para que puidesen iniciarse esas obras, en outubro de 2008, produciuse o traslado dos sindicatos e das asociacións empresariais e comerciais para a segunda planta do edificio multiusos do Barco.

Tras inexplicables demoras, as obras comezaron a finais de 2009, pero desde fai case 3 meses están novamente paralizadas sen que se coñeza a causa.

Quero que o Goberno confirme en sede parlamentaria que data ten previsto o Ministerio de Traballo e Inmigración para a conclusión das obras de rehabilitación do edificio do Patrimonio Sindical Acumulado, sito en c/ España, 1, do Barco de Valdeorras, Ourense, así como cales son as razóns que explican a paralización das obras de rehabilitación do edificio do Patrimonio Sindical Acumulado, sito en c/ España, 1, do Barco de Valdeorras, Ourense.
O Executivo socialista aínda non respondeu a outra batería de preguntas que lle fixen sobre este mesmo tema na que, entre outras cuestións, preguntábase se o Ministerio de Traballo compensará ao Concello do Barco polo gasto extraordinario para a recolocación das sedes dos axentes sociais polo atraso na finalización da rehabilitación do edificio.