Hoxe en Galicia estamos de festa e celebramos o Día das Letras Galegas.
Unha xornada adicada nesta ocasión o poeta do Courel, Uxio Novoneyra .
Na antiga escola de Seoane do Caurel tivo lugar o acto oficial organizado pola Real Academia Galega e que pechou o Presidente da Xunta cun discurso que acabo de leer do que resalto estas frases:
“Todos os galegos aman a súa lingua, pero non todos o fan da mesma maneira. Non todos coinciden no modelo ideal para normalizala, nin todos concordan no papel que han ter as administracións á hora de fomentalo, Cal é a misión dos poderes públicos creados pola vontade popular?

Establecer un solo común no que ninguén se sinta alleo.
Ese solo existe xa desde os albores do autogoberno e as súas orixes remóntanse ao nacemento do galeguismo cultural e político.

Na nosa opinión, ten catro grandes principios: a cooficialidade entre o galego e o castelán; a consideración da lingua galega como lingua propia de Galicia; a acción positiva para a extensión do seu coñecemento e uso; e a aplicación do principio de non discriminación por razón da lingua.
Estamos de acordo nestes catro piares? Estou convencido de que si.
A lingua é de todos os galegos, e sobrevivirá para sempre se todos os galegos queran que sobreviva. A nosa misión, a misión que compartimos a Real Academia Galega, o Goberno e as demais institucións do país, consiste en erguer en torno a eses principios compartidos un gran pacto pola lingua. O meu compromiso queda selado nestas terras do Courel”