Segun os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2010 coñecemos que:
A tasa de actividade en España se situa no 58,90 % e a de Galicia no 54,41 % .
A tasa de paro de España é do 20,05 % e a de Galicia do 15,46 % .
A EPA demostra que Galicia ten un paro registrado case cinco puntos por debaixo da media estatal, un déficit público menor e por tanto confirma que esta Comunidade está en mellor situación respecto ao resto das que conforman España.
En Galicia hai factores que permiten vislumbrar un cambio positivo e unha desaceleración na caída: datos de afiliación á Seguridade Social – que nos últimos tres meses cae a un ritmo un punto menor -, por unha banda, e datos de paro rexistrado –nos tres primeiros meses de 2010 a destrución de emprego redúcese á metade con respecto aos tres primeiros meses de 2009-, por outra.
Por tanto, en paro rexistrado, o incremento interanual pasou do 15% en xaneiro ao 11,8% en marzo, e ao mesmo tempo a destrución de emprego estase a asentar mes a mes na metade que hai un ano.