O mércores 19 pola tarde comparecerá por fin, na Comisión de Fomento do Congreso o ministro de Fomento, José Blanco. Agardamos con expectación que confirme que se cumprirán os compromisos adquiridos co AVE galego no Pacto do Obradoiro, así como a programación das autovías prevista no PEIT, a pesar do recorte que se verá obrigado a facer o Goberno por non cumprir os obxectivos de redución do déficit marcados pola Unión Europea.
Recordo que foi o propio José Blanco o que publicamente recoñeceu que o Executivo tivera o AVE galego gardado nun caixón durante a época na que España crecía por encima da media europea, e espera que agora que as cousas van mal e é necesario facer axustes importantísimos, Galicia non volva ser a gran prexudicada.
Entendemos que a situación é crítica e sabemos que hai que apertarse o cinto, pero os recortes deben ser solidiarios e non prexudicar sempre ás mesmas comunidades autónomas.Exisimos a Blanco que cumpra a súa palabra e demostre que efectivamente o AVE galego é prioritario para o Goberno, aínda en tempos de crises, xa que o ministro garantiu publicamente fai poucos días que sería el quen reorganizaría a programación do Ministerio e faróa os axistes e que para el o AVE galego seguía sendo prioritario. As súas palabras foron: “Todo está suxeito a revisión, pero teño que establecer prioridades e o AVE galego para min o é”.
Non só o enlace por AVE de Galicia coa meseta, senón todas as liñas comprometidas no Pacto do Obradoiro, son esenciais e deben manterse na programación, así como as principais autovías galegas, indispensables para a vertebración da comunidade autónoma e que levan moitos anos de atraso.
Non é xusto que os galegos teñan que pagar as débedas de Zapatero e as consecuencias da súa mala xestión.
Espero pois que Blanco clarifique todos estes aspectos na súa comparecencia e reitero que para o PP é importante non só que se garantan os compromisos de investimento, senón de execución, xa que non é igual que o diñeiro que antes se pensaba gastar nun ano agora gástese en varios.
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/pp-exige-ave-gallego-no-salga-perjudicado-otra-vez/idEdicion-2010-05-18/idNoticia-548191/
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/pp-presiona-blanco-cumpra-co-ave/idEdicion-2010-05-18/idNoticia-548319/
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/pp-presiona-blanco-cumpra-co-ave/idEdicion-2010-05-18/idNoticia-548319/