sábado, 29 de mayo de 2010

Candidatos para as vindeiras municipais 2011



Hoxe estiven en Compostela no emblemático Monte do Gozo onde tivo lugar a presentación dos candidatos do Partido Popular ás próximas eleccións locais de 2011 das sete grandes cidades de Galícia.

E que son: José Manuel Rey (Ferrol), Carlos Negreira (A Coruña), Gerardo Conde Roa (Santiago de Compostela), Telmo Martín (Pontevedra), Corina Porro (Vigo), Rosendo Fernández (Ourense) e Jaime Castiñeira (Lugo).

O Presidente Feijóo trás calificar o momento que estamos a vivir como “o peor para os cidadáns” por mor do paro –coa maior taxa da historia de España-, e a suba do IVE, foi moi claro nas suas mensaxes:

. Pediu adaptar o modelo de austeridade da Xunta de Galicia aos concellos, fronte aos bipartitos que supoñen “dobre logo, dobre sede, dobre alcalde, dobre Goberno, dobres soldos e son dobremente ineficaces”.

. E non copiar as receitas de Rodríguez Zapatero e non gastar o que non se ten.

Queda un longo camiño ata as eleccións municipais onde os cidadáns libremente decidiran.
Agardo que os nosos candidatos acaden a súa confianza, especialmente na cidade de Ourense, onde o noso cabeza de lista será Rosendo Fernández.