O pé do impresionante Mosteiro de Aciveiro escoitamos ó Presidente de Honra, o doutor Xerardo Fernández Albor, insinge galeguista.
E logo falou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que afirmou de xeito comprometido que os populares sempre defenderemos a liberdade e bilingüismo porque é a mellor maneira de defender o galego, ó tempo que fixo un chamamento ao resto de partidos para que queiran a Galicia tal e como é en contraposición con aqueles que pretenden cambiar ou impoñer un país que non existe.
Feijóo afirmou que do mesmo xeito que o galeguismo foi artífice do prodixio autonómico que construimos entre todos tamén nos dará a chave do futuro, posto que non se trata de algo estático senón dunha forza que se redescobre cando o pobo traballa unido e cando se renova sen perder de vista as leccións que nos dá a historia.
Para o nosso lider, ese galeguismo aberto é o que deben practicar as forzas políticas se desexan ser dignas representantes dos cidadáns e iso é o que facemos os populares posto que queremos o pobo galego tal e como é: plural, cordial, orgulloso de si mesmo, que ama á súa lingua, bilingüe, e libre.
A súa sentida mensaxe rematou cunha cita a Uxío Novoneyra, o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, dicindo que a forza do noso amor non pode ser inútil e amosouse seguro de que o amor pola terra será útil, sobre todo agora, cando máis o necesitamos.
Unha Romaría entre amigos é nun marco incomparable.