viernes, 21 de mayo de 2010

O Decreto de plurilinguismo que garante o equilibrio entre o galego e o castelán


No Consello da Xunta de onte foi finalmente aprobado o decreto do plurilinguismo no ensino, que supón o cumprimento do compromiso electoral dado refrendados nas urnas.

Así a partir do vindeiro curso académico o Goberno galego aplicará o decreto do plurilingüismo que garante:

-O equilibrio entre o galego e o castelán:

Tanto no ensino primario coma no secundario, as materias troncais impartiránse nun 50% en galego e no outro 50% en castelán, ao igual que sucederá co resto das materias.

-A introdución progresiva do inglés:

Haberá a posibilidade de introducir progresivamente o inglés máis alá da propia materia pero isto non alterará o reparto ao 50% das horas lectivas en galego e en castelán.

-A liberdade dos alumnos para expresarse na lingua oficial que prefiran:

Os alumnos poderán expresarse libremente na lingua oficial que elixan nos exames e cando se dirixan aos profesores.

-A máxima participación posible dos pais:

Os pais participan na educación dos seus fillos máis que nunca. O propio decreto nace dunha consulta aos pais e eles mesmos escollerán a lingua na que os seus fillos aprenderán a ler e a escribir.

Tendo en conta que o Consello Consultivo advertiu que non había suficiente cobertura legal para que os pais elixisen a lingua das materias troncais en primaria e secundaria, a Xunta retirou a consulta do decreto.

Pero se anuncia que non obstante, cumprirá o seu compromiso de consultar aos pais e para iso regulará esa posibilidade a través dunha nova Lei que permita incrementar as posibilidades de participación dos pais na educación dos fillos.

O meu xuizo esta norma garante o equilibrio entre o galego e o castelán nas escola e o dereito na escola pública de introducir unha lingua estranxeira progresivamente dentro dos idiomas do ensino.