Onte os deputados ourensáns do PP, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, presentamos unha batería de preguntas no Congreso en relación ao funcionamento do servizo de Correos na provincia de Ourense.
Recordamos que a III Directiva Postal Europea, do mesmo xeito que as anteriores, establece a obrigatoriedade de prestar o Servizo Postal Universal, polo menos 5 días laborais á semana, e denunciamos que o Servizo de Correos establece unhas recargas dos repartidores co único fin de abaratar custos que supón, de facto, obviar o mandato da Directiva Postal Europea.
Aseguramos que con estas recargas e de forma consciente impídese que a correspondencia chegue a todos os lugares e a todos os cidadáns coa frecuencia esixida, sobre todo no ámbito rural, e preguntamos ao Executivo socialista se está garantida a prestación do Servizo Postal Universal 5 días á semana á marxe do lugar de residencia de todos os cidadáns.
Quremos saber tamén cal é a razón pola cal a Dirección de Correos incumpre o acordado cos representantes dos traballadores en relación ás vacantes das Oficinas Técnicas de Correos, que en Ourense son o 65%. O 19/06/06, a Dirección de Correos comprometeuse a cubrir os postos de traballo de Directores de Oficinas Técnicas que estivesen vacantes, co fin de evitar a provisionalidade e dotalas dun responsable quen, con carácter fixo, desenvolvese a súa actividade alá onde lle correspondese.
Pois ben, na provincia de Ourense existen 20 Oficinas desta categoría, das cales soamente 7 están cubertas por persoal fixo, mentres que as outras 13 restantes ocúpanas provisionalmente con persoal funcionario ou laboral fixo.
Denunciamos, ademais, que en Ourense hai vinte e dúas prazas de cartería sen cubrir e queremos que o Executivo socialista explique os motivos que impiden que 22 ourensáns que están traballando en Correos fóra da súa provincia poidan solicitar o traslado se así o desexan.
Na actualidade existe un número excesivamente elevado de postos de traballo en Correos de Ourense que non se cobren mediante o sistema establecido a través dun sinxelo concurso de traslados.
Como exemplo, citamos casos como a Cartería Rural de Piñeira de Arcos (Sandiás) que leva máis de 4 anos vacante, ou as 3 Carterías do Concello de Baños de Molgas, as Carterías Rurais de Regodeigón e Camporrredondo (ambas de Ribadavia) que levan 2 anos sen cubrirse, Castrelo de Miño, A Derrasa (Pereiro de Aguiar) de nova creación cuberta sempre con persoal eventual de xeito rotativo desde fai 2 anos, a de Reigada (Manzaneda) con máis dun ano vacante, as de Muiños e Ribeiro (de Bande), a de Grou (Lobios), a de Navea (Trives), a de Beariz, a de Pazos de Arenteiro (Boborás), a de Acevedo (Celanova), a de Mourisco (Paderne), a de Coles, a de Lobás (Carballiño) e 5 Seccións urbanas de Ourense capital.