jueves, 24 de junio de 2010

Acordo PP-PSOE para evitar a subida da luz


Hoxe o Ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián e o coordinador de Economía do Partido Popular, Cristóbal Montoro, alcanzaron un acordo para traballar conxuntamente na procura dun pacto en materia de política enerxética.

O PP esixiu como primeira medida para beneficiar ás familias, aos autónomos e as PEMEs a suspensión da subida da enerxía eléctrica prevista para o 1 de xullo.

Celebro especialmente este acordo pois nun momento tan crítico é imprescindible que os dous grandes partidos de España pacten as políticas relacionadas co mix enerxético e en definitiva, a composición de todas as fontes de enerxía, rebaixando a ideoloxía para pasar a estimar realmente a racionalidade económica.