Zapatero non é Merkel, nin España está como Alemaña.
Alemaña ten menos da metade do paro e menos da metade do déficit público que España.
Merkel toma as súas medidas para non chegar á situación catastrófica á que nos levou Zapatero coa súa negación da crise e a súa incompetencia.
As medidas de Merkel non tocan as pensións mentres que o decretazo de Zapatero si as conxela.
O goberno alemán, a diferenza do de Zapatero, comprométese a equilibrar as contas públicas.
Alemaña prohibe o déficit orzamentario a partir de 2015.
Zapatero incumpriu a Lei de Estabilidade Orzamentaria que fixo o PP e négase a volver prohibir o déficit como lle propón o PP.
Merkel recorta o gasto sen subir os impostos, non como Zapatero.
As tres primeiras medidas de Zapatero para reducir o déficit foron subidas de impostos: alcol e tabaco, IRPF e IVE.
Merkel non sobe os impostos e só expón algunhas correccións en taxas ecolóxicas e algunhas transaccións financeiras.
Alemaña non reduce prestacións sociais senón que as reforma para evitar que se acumulen subvencións no canto de ter un emprego.
En Alemaña se impulsaron as medidas para consolidar a recuperación e de motu propio, mentres que en España veñen impostas desde fóra. Alí fixéronse para consolidar unha recuperación económica, aquí para tapar os buracos que creou o presidente do Goberno con medidas como o Plan E, cun custo de 13.500 millóns de euros en dous anos.