Hoxe, un xoves mais, estiven no faladoiro de radio Voz que modera Antía Díez e abordamos, Paco Jorquera, Xavier Carro, Ernesto Sancez e mais eu como tema principal o da reforma laboral dada a cometer onte polo Goberno socialista.
Saudei que por fin, dous anos despois exista polo menos un texto que aborde as inaprazables reformas do mercado de traballo e destaquei que este Decreto chega tarde e mal porque non asegura a creación de emprego
Realmente logo de dous anos e máis de 2 millóns de empregos destruídos Zapatero presenta unha reforma parcial, que se centra fundamentalmente en abaratar o despedimento poñendo parches para contentar aos organismos comunitarios e aos mercados internacionais.
Dixen qoe o Decreto do goberno socialista non é unha auténtica reforma laboral, xa que non profunda nas necesidades reais do mercado de traballo como: A negociación colectiva, a formación profesional e os mecanismos adecuados de flexibilidade interna e adaptación ás empresas.

As únicas medidas destacables do Decreto son: Profundar na aplicación do contrato de fomento á contratación indefinida (33 días de indemnización) creado polo PP en 1997, co apoio dos interlocutores sociais dentro do diálogo social e asumir a petición do PP de crear novos mecanismos de intermediación laboral.
Afirmei que realmente desde o PP pensamos que España necesita unha reforma completa das relacións laborais, a estrutura dos traballadores, a negociación colectiva, a formación profesional e o absentismo laboral.
Rematei decindo que este reforma non é a nosa e que foi unha gran oportunidade perdida por parte do goberno socialista, que deu unha resposta improvisada ante esixencias externas.
O vindeiro martes debateremos no Congreso a convalidación deste Decreto.