Hoxe PSOE e BNG impediron que o Pleno do Congreso dos Deputados dese luz verde a unha Proposición non de Lei defendida polo Grupo Popular que pretendía que o Goberno comprometésese, entre outras cuestións, a manter os recursos profesionais, tanto humanos como materiais, encargados da prevención e extinción de incendios forestais e a garantir a longo prazo o despregamento de medios estatais de apoio ás CC.AA que existen na actualidade.
Esta negativa afecta directamente á Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais (BRIF) de Laza e pon de manifesto, unha vez máis, o dobre xogo dos socialistas, que onte mesmo votaron a favor do seu mantemento nunha moción que se debateu na Comisión de Medio Ambiente do Senado e que hoxe se opuxeron no Congreso, e tamén a descoordinación do BNG, xa que hoxe os dous deputados nacionalistas opuxéronse a reforzar as BRIF argumentando que o que queren é o traspaso a Galicia das súas competencias e non dubidaron en desautorizar ao seu senador Pérez Bouza, que onte defendeu no Senado unha moción para que se instase ao Goberno a manter a brigada de Laza.
Os deputados populares ourensans lamentamos que socialistas e nacionalistas volvan intentar confundir aos ourensáns asegurando que votan a favor no Senado nunha Comisión porque ven que iso non vai suporlles ningún problema pero cando se trata de aprobar unha Proposición non de Lei no Pleno do Congreso, que si pode comprometerlles, bótanse para atrás.
Recordamos que a BRIF de Laza dispón de 57 persoas, dúas helicópeteros e sete vehículos que o pasado ano foi esencial no labor de loitar contra o lume na comunidade galega, xa que participaron en máis de 200 saídas para sofocar incendios.
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño dispón de máis de 500 persoas integradas en 11 BRIF en toda España, incluída a de Laza, que colaboran coas distintas CC.AA na loita contra os incendios forestais.
Nunha comunidade como a galega, onde por desgraza os incendios son frecuentes, trátase dun servizo esencial que o Goberno ten obrigación de garantir.