Hoxe pola mañá viaxei a Vilar de Barrio para asistir o acto de presentación da liña de AVE entre Lubián e Ourense.
Recordemos que o Ministerio de Fomento, a través de Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), adxudicou en maio de 2010, por importe de 245.902.390 euros, as obras dos subtramos Porto-Miamán, Miamán-Ponte Ambía e Ponte Ambía- Taboadela-
Teñen unha lonxitude conxunta de 22,2 km, transcorren integramente pola provincia de Ourense e son os primeiros que se adxudicaron no trazado comprendido entre Lubián (Zamora) e Ourense, un dos segmentos máis complexos xeográfica e tecnicamente da Liña de Alta Velocidade.
As obras destes 22 km comezarán no mellor dos casos en setembro de 2010.
No acto de presentación interveu o Ministro José Blanco que comprometeuse, a non rescindir ningún dos contratos asinados para a construción do AVE galego.
En nome do Goberno Galego o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, pediu ao ministro de Fomento, José Blanco, que a pesar do momento de crise que se están a vivir non se esqueza das necesidades dos galegos, xa que en materia ferroviaria, aínda queda moito por facer.
O Conselleiro remarcou que “momentos de celebración como estes non deben facernos esquecer que o importante nas obras son as últimas pedras, a posta a disposición das infraestruturas e o cumprimento das expectativas cidadás e dos compromisos realizados”
Lembrou que Galicia esperou dabondo e subliñou que o Goberno central “non debe permitir que os proxectos, os compromisos e as ilusións dos galegos descarrilen, nin entren en vía morta, posto que Galicia esperou de abondo por esta modernización e non pode volver a ser relegada nos grandes proxectos de Estado”.
O responsable das infraestruturas galegas lembroulle ao ministro que ten a oportunidade de pórlle fin á longa historia de inxustiza do ferrocarril galego” e afirmoulle que “nesa tarefa vai contar con todo o apoio e a colaboración do Goberno de Galicia”.
E preciso lembrar que o acto de hoxe ten moito que ver co Pacto do Obradoiro suscrito o pasado ano entre o presidente Feijóo e o Ministro Blanco, que compromete prazos e investimentos para facer realidade, nun horizonte razoable e posible, a alta velocidade no interior de Galicia e a culminación da conexión cara á Meseta.