domingo, 6 de junio de 2010

Visita a Ourense de deputados galegos do PP



O venres 4 de xuño desprazáronse a Ourense seis deputados galegos do Partido Popular, tres da provincia de Pontevedra: Ana Pastor María Ramallo e Jesús Pérez, dúas da provincia da Coruña: Antonio Erias e Belén Docampo e a lucense Olga Iglesias.
Na estación de Ourense-Empalme foron recibidos polo Presidente provincial, José Manuel Baltar e polo deputado autonómico e candidato do PP á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernandez e polos dous deputados ourensáns, Ana Vazquez e eu mesmo.

Nas plataformas da estación compareceu ante os medios, Ana Pastor, vicepresidenta do Congreso que reiterou unha vez máis o compromiso de defensa do Ave por parte dos deputados galegos.
Tamén interveu José Manuel Baltar e Rosendo Fernandez.

Logo desprazámonos ao Parque Tecnolóxico de Galicia e visitamos a empresa T-Solar .

http://www.laregion.es/noticia/125481/situa/estacion/soterrada/entre/principales/demandas/



http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/06/05/0003_8529657.htm