domingo, 6 de junio de 2010

Sobre o AVE Ourense a Vigo



O Boletín Oficial do Estado do 2 de xuño de 2010 publica o Anuncio da Subdirección Xeral de Planificación e Proxectos da Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias sobre a aprobación do expediente de Información Pública e Audiencia e definitivamente o estudo informativo do proxecto de “Nova Liña de Alta Velocidade Ourense-Vigo”

Sen dúbida é unha boa noticia que chega moi tarde e que nos debe levar a recordar que:


- En setembro de 2003, cando gobernaba o PP iniciouse o estudo da variante de Cerdedo.

- Catro anos despois o Ministerio de Fomento iniciou o 21.9.2007 coa publicación no B.Ou.E., a información pública do Estudo Informativo do proxecto de Liña de Altas Prestacións a Galicia, tramo Ourense-Vigo.

- E o 1 de marzo de 2010 o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño deu a coñecer que avaliaría favorablemente a realización do proxecto "Nova liña de Alta Velocidade de Ourense a Vigo T.M”

- Resulta inescusable que o Executivo dé explicacións sobre como é posible que o Ministerio de Fomento tardara máis de tres anos en someter a información pública o estudo de impacto ambiental e o estudo informativo da nova liña, xa que no BOE do pasado 15 de marzo de 2010 confírmase que dita declaración de impacto ambiental entrou no Ministerio que actualmente dirixe José Blanco o 1 de abril de 2004 e que non saíu de alí ata o 21 de setembro de 2007.

Dito todo o anterior procede agora que o Goberno explique se vai cumprir o Pacto do Obradoiro que di: “No tramo Vigo-Ourense por Cerdedo, unha vez concluída a Declaración de Impacto Ambiental procederase á contratación do proxecto e obra conxuntamente para acelerar a execución desta liña, mediante unha fórmula de colaboración público-privada”


¿Farase isto en 2010?



http://www.atlantico.net/noticia/103763/ave/vigo/ourense/