miércoles, 23 de junio de 2010

Soluciones para o tráfico viario na A-52 nos túneles do Folgoso-Cañiza



Hoxe os deputados do PP por Ourense e Pontevedra, Celso Delgado, Ana Vázquez, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca reclamamos ao Goberno socilaista que adopte de forma urxente medidas para solucionar os graves problemas que están padecendo os usuarios da Autovía A-52 ao seu paso polos túneles do Folgoso.

Ninguén dubida de que as obras que se están realizando na Cañiza son necesarias, pero destacamos que é evidente que non se atopan ben planificadas e que, sobre todo coa chegada do verán e a saída de miles de galegos cara ás praias, hai que procurar alternativas que permitan superar os infinitos atascos que se están producindo entre as cidades de Ourense e Vigo, que non podemos esquecer que son a terceira e a primeira das cidades galegas en poboación. Segundo informou a Subdelegación do Goberno, as obras no interior dos túneles requiren a ocupación total dun deles.

Primeiro as obras afectaron ao túnel sentido Vigo e agora afectan ao túnel en sentido Ourense e, para iso, dispúxose como única alternativa ao tráfico o desvío ao longo de 22 km pola estrada N-120, de modo que hai que pasar polo alto da Cañiza, atravesar esta localidade e logo reincorporarse á A-52. Este rodeo supón de media uns trinta minutos máis de tempo de viaxe para os condutores que procedentes de Vigo diríxense a Ourense, pero este fin de semana coa masiva afluencia de saídas cara ás praias os automobilistas tiveron que soportar máis de 15 quilómetros de retencións e máis de dúas horas de atascos.

Entendemos que os moitos e bos técnicos e especialistas que traballan no Ministerio de Fomento teñen a obrigación de procurar solucións alternativas ao actual desvío pola Cañiza, xa sexa a paralización das obras ata que pase a época estival, a habilitación temporal en fin de semana do actual túnel en obras ou a utilización do túnel hábil en dúas direccións, etc. Agardamos a resposta do Ministerio de D. José Blanco.

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=430868

http://www.laregion.es/noticia/126667/cierre/tuneles/atrapa/conductores/caniza/

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/06/24_06.htm