jueves, 3 de junio de 2010

Un interesante libro sobre as bandeiras

Onte asistín na Feira do Libro de Ourense á presentación do libro “La bandera, enseña institucional y elemento protocolario. Historia, normas y uso” do que é autor Juan José Feijoo Sánchez.

Juan José é un gran profesional da comunicación, e dirixe unha coñecida Axencia de Relacións Públicas, Comunicación e Protocolo, SEREMPRESA.

Ademais é membro destacado da Asociación Española de Protocolo e da Sociedade Española de Vexicoloxía.

Recomendo a súa lectura a todos aqueles que ven detrás das bandeiras, un símbolo importante na cerimonia protocolaria.

Está editado polo Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Ourense.