jueves, 1 de julio de 2010

1 de xullo: Subida do IVE



Hoxe fíxose efectiva a subida do IVE e no faladoiro de Radio Voz abordamos o impacto que terá nos cidadáns.

Cualifiquei esta subida como un profundo erro de política económica que vai supor un gran trastorno para a nosa actividade económica e para numerosos sectores que se van a ver moi directamente afectados.

Dixen que, o impacto máis directo producirase ao poder adquisitivo de salarios, de pensións e do conxunto de rendas porque son ás que lles vai a custar máis caro comprar os mesmos bens de consumo.

Engadín que prexudicará a competitividade e recordei que o 20 por cento das exportacións do noso país son turismo e resulta que o IVE grava ás exportacións turísticas e que esta subida non se puido facer en peor momento para este sector o 1 de xullo, o comezo da tempada turística.

Oxalá me equivoque pero creo que a subida do IVE atrasará a saída da crise por penalizar de forma xeneralizada o consumo, o aforro e o investimento, reducirá a renda dispoñible dos españois, en consecuencia, xerará máis paro e reducirá a recadación a medio e longo prazo pola contención da actividade. Neste último sentido recordei que entre os anos 1992 e 1993, o tipo xeral do IVE pasou do 12% ao 15% e a recadación por este imposto descendeu un 11%.

E que a seguinte subida do IVE levada a cabo tamén por un Goberno socialista en 1995, que fixou os tipos nos niveis actuais, significou unha caída da recadación tanto por IVE como por IRPF en relación ao orzado, case 1.000 millóns de euros menos no primeiro caso e 1.141 millóns menos por IRPF. En total o Estado recadou 1470 millóns de euros menos do previsto.