Acabamos de coñecer os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2010 o que nos permite facer a comparativa cos mesmos datos de maio de 2009 e cos do mes anterior.
PARO REXISTRADO:
A 30 de xuño de 2010 había na provincia de Ourense: 24.855 parados rexistrados (2.344 más que en xuño de 2009) e 1.035 menos que en maio de 2010.(- 4 %)
Distribución por sexo
11.292 homes 13.563 mulleres
Distribución por idades
2.424 menores de 25 anos 22.431 maiores de 25 anos
Distribución por sectores
889 na agricultura, 3.871 na industria, 3.692 na construción, 13.373 nos servizos e 3.030 sen emprego anterior. Celebro que 1.035 ourensáns atoparan un emprego, pero me seguen preocupando, e moito, os 24.855 que o seguen buscando.
En Galicia o paro redúcese en relación co mes anterior en 8.682 persoas (- 3,80 %). Pechamos xuño con 219.825 parados, 19.685 máis que fai un ano.
En España: O paro redúcese en relación co mes anterior en 83.834 persoas ( - 2,06 %). Pechamos xuño con 3.982.368 parados, 417.479 máis que fai un ano.
Detrás destos bos datos escóndese a verdadeira razón da redución do paro: O inicio do verán fixo que aumenten os contratos temporais, sobre todo en turismo e hostalería.
Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal