jueves, 22 de julio de 2010

Fomento non cumpre con Galicia

Hoxe, por fin, compareceu o ministro de Fomento na Comisión do mesmo nome do Congreso. 

Estiven presente a caron do noso voceiro e por elo teño que expresar o meu disgusto e preocupación ante as previsións para Galicia que José Blanco expresou. 

 É lamentable que Blanco, quen fai unhas semanas presumía de que Galicia non vería rescindida ningunha obra, agora tome a decisión de forma unilateral de cancelar dúas delas relativas á Autovía Ourense-Lugo, A-56, esencial para a vertebración do interior de Galicia entre ambas cidades. Do mesmo xeito, non é de recibo que o ministro de Fomento ocultase ao Congreso información, posto que non acudiu á cita coa relación de obras galegas afectadas pola ‘reprogramación’ do seu departamento, que conlevará un retraso de un a catro anos e que afectaría aos proxectos con obras en estado avanzado de execución. 

Tendo en conta os retrasos acumulados nos últimos anos dos proxectos galegos a causa da neglixencia e do abandono dos socialistas no Goberno central, estas manifestacións de José Blanco son moi alarmantes e só engadirian máis atrasos sobre os xa acumulados.

Ademais non é de recibo remitirnos como fixo Blanco, ó anexo de investimentos do próximo proxecto de presupostos xerais do Estado para 2011, para coñecer as reprogramacións.

Tamén é criticable que o ministro non dese a coñecer a relación dos proxectos a incluír no Plan Extraordinario de Infraestruturas. Ademais é sorprendente que ás preguntas a Blanco por parte dos populares este non fora quen de dar un prazo de posta en servizo para a Autovía do Cantábrico, nin para a de Santiago-Lugo, para a A-57-conexión A-52 Pontevedra, para A-76, ou para a terceira ronda de A Coruña, entre outras. 

 Do mesmo xeito, critico que o ministro afirmase que non vai facer a conexión por AVE entre Monforte-Valdeorras e Ponferrada, nin tampouco o AVE do Cantábrico, sen plantexar ningunha alternativa a estas supresións e que non concretase avances na conexión por AVE entre Ferrol e A Coruña, Ourense e Vigo e Ourense e Lugo, e que tampouco despexara ningunha incógnita sobre a conexión de Galicia con Portugal.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
tp://www.xornal.com/artigo/2010/07/22/galicia/pp-lamenta-blanco-no-cumpla-galicia-rescinda-contratos/2010072220465400137.html http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/07/23/0003_8626467.htm http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/07/23/0003_8626677.htm http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/23/plan-tres-reacciones-criticas-cautela-aplausos/458349.html http://www.laregion.es/noticia/128575/blanco/sacrifica/valdeorras/autovia/entre/ourense http://www.ourensedixital.com/_novas/10/07/24_02.htm